ADEUS á COTA LáCTEA

Emprazan a Xunta a que mova ficha perante os riscos para o sector lácteo galego

VENCE VISITA EXPLOTACION LEITEIRA (1)
photo_camera Vence visita unha explotación leiteira

Finaliza esta terza feira a última campaña leiteira regulada por cotas lácteas, un sistema sen o que é imposíbel entender o rural galego de hoxe, coa súa ‘super-taxa’, o seu ter que andar a comprar cota polo Estado adiante, o peche de explotacións.... Unha medida adoptada pola UE en 1984 e en vigor na Galiza desde 1991. Os dados do Ministerio estiman que por volta de 5.000 explotacións galegas -a metade das existentes, sobrepasaron a cota, se ben só unha mínima parte terán que facer fronte á sanción económica. Unha multa que no conxunto andará polos dous millóns de euros.

O portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, visitou esta segunda feira unha explotación na Sionlla (Compostela), onde advirtiu que a liberalización reforza a posición da industria e das cadeas de distribución ante os produtores. @s nacionalistas emprazan a Xunta a liderar unha estratexia para po novo escenario e a compensar os gandeiros. E propoñen unha folla de rota en base a tres pasos: granatir uns prezos dignos que eviten que o leite galego sexa o máis barato de Europa, pagándose mesmo por baixo dos prezos de custo.

Un segundo paso sería a creación dun grupo lácteo galego de base cooperativa, o que iría relacionado coa terceira proposta, a creación dunha Interprofesional láctea galega, para que os produtores teñancapacidade de negociación coa industria.

O BNG engadiu unha achega máis: mobilizar a terra para que non quede abandonadas e sexan aproveitadas polas explotación vivas que precisan incrementar a súa extensión.

Plan estratéxico

Antón Sánchez, deputado de AGE, propuxo á Xunta que contratase 150 técnicos agrarios, unha aposta para activar o emprego e desenvolvemento do rural. A Alternativa Galega de Esquerdas denuncia que, como evidencia a fin da cota láctea, a Xunta non fixo os deveres@ e emprazou o gobrno galego a sentar as bases dun “plan estartéxico”.

Sánchea denunciou que nestes seis anos o rural galego perdeu 9.000 titulares de explotacións no rural galego e deitou luz sobre uns indicadores preocupantes: o 60% da poboación agraria ten máis de 60 anos e só un 5% menos de 40. De non se reverter o escenario, negro futuro para o rural do país.

Comentarios