Operarias de Alfageme acusan á Xunta de "engano" e anuncian que seguirán as mobilizacións

Para as operarias a conserveira, a saída da subasta de Alfageme amosa a responsabilidade da Consellería de Industria en fanar unha solución para 150 postos de traballo

O Comité de empresa de Alfageme vén de emitir un comunicado no que responsabiliza directamente á Consellería de Economía e Industria de que a conserveira vaia ser subastada por lotes, bloqueando así calquer posibilidade dunha adxudicación que supoña manter actividade e os 150 empregos da empresa, con prantas en Vilaxoán e Ribadumia (O Salnés).

O comité lembra que durante estes anos de loita, as únicas que mantiveron un compromiso claro polo futuro e viabilidade da conserveira foron as traballadoras, mesmo aceptando aprazar o cobro de indemnizacións.

Os sindicatos lembran que desde maio de 201 había sobrea mesa unha oferta, a do grupo El Consorcio, na que se pactara coas centrais un plan industrial para Alfageme e manter os empregos. O feito de que a Consellería optase por procedementos que terminan na subasta da empresa e non na súa adxudicación apunta á falla de interese da Xunta por este sector, apuntan.

Os representantes das operarias indican que se manterán as mobilizacións e protestas na defensa da actividade de Alfageme e dos postos de traballo, alén de denunciar o papel da Xunta en todo este proceso.

Comentarios