Operari@s de Freiremar, despedid@s e sen cobrar, loitan contra o desmantelamento da planta de Vigo

A empresa retirou mercadoría en camións escoltados pola policía para a mandar ao seu centro en Canarias.

Freiremar
photo_camera Freiremar

A dirección de Freiremar, a cuarta pesqueira do Estado español, despediu 101 traballadores dos 115 que tiña en Vigo, zona onde posúe un dos seus centros. Operarios que aínda non cobraron un euro da empresa (nin finiquito nin indemnización), e aos que desde a empresa mesmo se lles di que terán que agardar para ingresar esta última ata 15 meses.

Nas últimas horas, varios camións levaron material que se atopaba na planta de Vigo, e por valor de dous millóns de euros segundo algúns medios, con destino a Tenerife. Os camións precisaron escolta da Policía española pois os traballadores de Freiremar intentaron evitar o que cualifican de “saqueo” e “desmantelamento”.

“Saqueo”

Os operarios eran partidarios de que ese peixe se vendese e co obtido por el se lles pagase o que se lles debe. Non cobraron finiquito nin indemnización e terán que agardar até case mediados de xaneiro para cobrar o paro.

Traballadores de Freiremar concentráronse perante o Concello de Vigo para pedir o seu apoio. Todos os grupos municipais mostraron o seu apoio ás demandas dos traballadores. Desde o BNG, que tomou parte na concentración, a concelleira Iolanda Veloso denunciou que “nin Xunta nin goberno fan nada”.

Comentarios