Once gandeiros abandonan cada semana a actividade en Galiza en 2016

Perdemos só nos primeiros cinco meses do ano o 2,4% do total de produtores de leite.

GANDEIROS1
photo_camera GANDEIROS1

Continuamos a sumar indicadores pouco positivos para o agro galego. Apenas 24 horas despois de que o Consello Económico e Social advertise da “preocupante” perda de emprego no sector lácteo galego, a Consellaría de Medio Rural informaba no Parlamento de que entre xaneiro e maio 222 gandeiros abandonaron a actividade, unha media de 11 cada semana. Isto supón que só nestes cinco meses Galiza perdeu o 2,4% do total de produtores de leite, así como o 1,5% da produción láctea.

Esta redución afecta principalmente a aquelas explotacións de menor tamaño, as que producen menos de 100.000 quilos anuais. Aquí o descenso foi do 11%, unha porcentaxe que amosa o difícil da situación.

Durante 2015 tiveron que botar o fechamento 245 esxplotacións lácteas en Galiza. Isto supón o 70% das que abandonaron nese ano en todo o Estado español. Galzia comezou 2015 con 9.606 produtores e esa cifra reduciuse a 9.100 ao se despedir o ano. Isto é, en só 12 meses, perdemos no país máis do 5% dos nosos gandeiros de leite.

Comentarios