Unha ollada á realidade económica e social da man do 'Producir'

O caderno, que atoparás no Nós Diario de mañá, conta con sinaturas de prestixio para analizar as eleccións madrileñas, a política económica dos EUA, as consecuencias do "espolio eólico" na Galiza ou a falta de participación social nas decisións da Administración. Tamén incorpora varios artigos de opinión que invitan a reflexionar.
Unha das reportaxes do caderno 'Producir'. (Foto: Nós Diario)
photo_camera Unha das reportaxes do caderno 'Producir'. (Foto: Nós Diario)

Este sábado reserva parte do día para unha lectura pausada do caderno Producir, que incorpora diversas reportaxes pensadas para analizar a realidade actual coa que é preciso convivir. Xa na capa atoparás un artigo asinado por María do Carme García-Negro, titulado 'Manobras de distracción', no que repara no que está a suceder na política actual, fundamentalmente co foco posto nas eleccións da Comunidade de Madrid.

Comparten páxina con ela María Cadaval, que fala do padrón de habitantes en 'Volver ser como eramos?', e Bernardo Valdês Paços, que expón a súa opinión en 'Galiza, potência florestal?'.

A pesar da actualidade do Estado, Xabier Pérez Davila marcha fóra para ver como 'Biden impugna o neoliberalismo, a UE adormece'. O experto camiña pola nova política económica dos EUA após a saída de Trump e os cen días do novo presidente. En paralelo o economista Manoel Barbeitos investiga 'A trampa da liquidez e os déficits'.

Un dos temas de moda na Galiza, pola preocupación que causa na cidadanía, o dos parques eólicos tamén ten o seu espazo. A rúbrica de Joám José Romero Durán impulsa 'A nova Gobernança e o espólio eólico', artigo no que se abrangue até que sucedería se fora posíbel recuperar o “control dos recursos” naturais do país, agora en mans de distintas multinacionais.

Tamén da realidade do país escribe o enxeñeiro agrícola Xosé Carballido nunha columna de opinión que titula 'A Galiza interior'.

Iago Santos Castroviejo está detrás da última reportaxe deste número: 'Gobernar por non decisións'. O autor aborda as consecuencias de que as administracións non teñan en conta a participación social nas súas políticas. Mentres tanto o profesor da USC Gonzalo Rodríguez párase na 'Docuspiracy'.

Na contracapa, a sección Quen fai que ten de protagonistas o empresario Amancio Ortega, a directiva de Ecoener Ana de Palacio e a compañía Ence. No Selfie fala o vicepresidente de Hosfega, Sergio Fernández Dosil.

Se queres ler todos ou algún destes temas só tes que mercar o teu Nós Diario de mañá nos quiosques ou na nosa tenda en liña. Non perdas nada da actualidade facendo a túa subscrición neste momento!

Comentarios