Ocupacións de ETTs en Vigo contra “o mercadeo de man de obra”

Delegad@s da CIG chaman a reaxir ante a “ofensiva de recorte de dereitos sociais e de redución de salarios” no sector da automoción, ao que se engade “agora, de maneira masiva, a substitución de persoal fixo ou con contrato eventual por traballadores cedidos polas ETT”

ETTs, automoción

O sector da automoción, un dos pilares en canto a emprego industrial da zona sur de Galiza, está a manter un combate contra o que cualifican de “mercadeo da man de obra” a través de empresas de traballo temporal

Así, desde a Coordinadora do Automóbil da CIG mobilizáronse ante varias ETTs, denunciando que algunhas empresas do sector, aproveitándose da situación desesperada de tantas familias, veñen realizando unha ofensiva de recorte de dereitos sociais e de redución de salarios “e agora de maneira masiva substituíndo o seu persoal fixo ou con contrato eventual por traballadores cedidos polas ETT”.

Un abuso, apunta, que se desenvolve mesmo vulnerando acordos de empresa como os propios convenios colectivos. Como denuncia, delegad@s da central nacionalista optaron por levar a cabo un calendario de mobilizacións, que xa tivo esta quinta feira actuacións como concentracións e ocupacións momentñaneas de ETTS na zona de Vigo.

Comentarios