O xuíz declara en concurso a Pescanova e aparta a Fernández de Sousa da dirección

O xuíz decide apartar a Fernández de Sousa da dirección de Pescanova, abrindo así a porta a que sexa a CNMV quen tome as rendas a través da administración concursal

O Xulgado de Pontevedra aceptou esta quinta feira o concurso de acredores pedido por Pescanova ao considerar acreditada a situación de insolvencia da empresa con sede en Chapela.

Aliás, e o que é máis importante, o xuíz afasta ao presidente, Fernández de Sousa, da dirección da multinacional e as rendas pasarán a ser tomadas pola administración concursal que se vai designar a tal efecto. Esa(s) persoa(s) serán ben da Comisión Nacional do Mercado de Valores ou ben a proposta deste organismo.

No auto do xuíz ponse de relevo que Pescanova incumpríu o deber de formular as contas de 2012 no prazo indicado para iso, para alén de constatar a "existencia de discrepancias" no seo do concello de administración a respeito dun paso de tanto calado como pedir o concurso de acredores.

Estado de insolvencia

Pescanova recoñece que ten máis de medio cento de acredores e, se non non detalla a débeda, o auto sinala a unha diferenza de perto de 90 millóns de euros no pasivo total, entre a documentación achegada inicialmente e a subsanación posterior. Aliás, a empresa pesqueira acredita na súa petición o seu "estado de insolvencia"

Comentarios