O xigante alemán do mercado de conxelados, baza na batalla polo control de Pescanova

O segundo accionista da multinacional galega, Carceller, enfrontado ao presidente, ten alianza con Oetker, grupo clave no sector europeo

Instalacións de Pescanova

Pescanova está nuns días cruciais para o seu futuro: auditorías de contas, xuntanza con acredores,... E todo iso mentres na cúpula segue a se afondar a fenda aberta entre algúns dos principais accionistas. O segundo accionista de Pescanova, Grupo Damm e Demetrio Canceller, xa solicitou por tres veces a revogación do presidente, Fernández de Sousa. Petición en balde, pois De Sousa-Faro conta non ten intención de demitir e conta co apoio da maioría do consello.

Mais pode haber novidades ou factores que varíen a correlación de forzas. Así, e segundo informa Economía Digital, Callecer conta cunha baza de peso: o grupo Oetker, todo un xigante da industria de conxelados e do transporte marítimo.

Oekter ten unha participación do 25% en Damm, que é o segundo accionista de Pescanova

De peso

Así, e segundo sinala o mencionado medio dixital, Oetker ten en Damm (que é o segundo accionista de Pescanova) unha participación do 25%, sentando no consello de administración do grupo cervexeiro.

Oetker “é líder no se país no segmento de comida conxelada (facturados 10.011 millóns de euros en 2011), unha especialidade de Pescanova,e tamén controla, a través de Hamburg Süd, a maior flota navieira de Alemaña” (160 barcos, 4.500 traballadores). Cinco Días, que estableceu unha comparanza dos tres grupos, xa pronogsticou que a crise de Pescanova implica a tres das familias con máis poder no negocio europeo da alimentación.

Acredores

A banca acredora mantense á agarda de que Pescanova lle presente as contas, que algunhas fontes indican que pode conter unha débeda de máis de 2.500 millóns de euros. Unha vez que as teñan, dará inicio da renegociación da débeda.

Pescanova está agora sometida a dúas auditorías, a de BOD e a de KPMG, esta segunda encarregada pola banca acredora. KMPG foi a que avaliou o proceso de fusión de Caixanova e Caixagalicia, dando o visto bo e mesmo asegurando que sería rentábel en poucos anos.Cobrou un millón de euros por ese informe.

Comentarios