Tribunal Supremo avala que parad@s poden saír ao estranxeiro até tres meses sen perderen a prestación

TS resolve en contra dunha sentenza que deu a razón ao Servicio Público de Empleo Estatal (SEPE) ao reclamar a unha cidadá a devolución de 15.369 euros 'cobrados indebidamente' tras saír do estado durante 21 días sen previo aviso por mor da enfermidade dun parente directo que reside en Ucraína.
TS
photo_camera TS

O Tribunal Supremo vén de avalar cunha sentenza, que unifica doutrina, que os e as receptoras de prestacións de desemprego poidan viaxar ao estranxeiro por un tempo de até 90 días sen que iso supoña perder o dereito a cobrar o paro, aínda que o pagamento deste queda en suspenso até o regreso ao Estado español. O TS resolve así en contra dunha sentenza que deu a razón ao Servicio Público de Emprego Estatal (SEPE) ao reclamar a unha cidadá a devolución de 15.369 euros 'cobrados indebidamente' tras sair do estado durante 21 días sen previo aviso por mor da enfermidade dun parente directo que reside en Ucraína.

A lei española fixaba que o traslado de residencia ao estranxeiro é motivo de extinción da prestación por desemprego, mais permite mantela se as estancias no exterior non sobrepasan os 15 días ao ano e previa comunicación á administración.

Norma complexa que deu lugar a numerosos litixios

Porén, o organismo xudicial entende que a norma é complexa e ten sido motivo de un amplo abano de supostos litigosos, polo que opta por unificar diferentes resolucións. Así o supremo considera que se poderá suspender a prestación, mais non extinguila, cando a persoa viaxe ao estranxeiro menos de 90 días, pois tres meses é o periodo estabelecido na lexislación de extranxeiría para determinar o paso da estancia á residencia temporal.

Comentarios