Os salarios do Estado español, os que rexistraron unha maior queda da UE, un 4%

Eurostat calcula que a queda nos soldos das e dos traballadores no Estado español foi do 4,3% mentres que no conxunto da Unión Europea aumentaron nun 1,2%
Evasión fiscal
photo_camera Evasión fiscal

España foi o estado da Unión Europea onde os salarios tiveron un maior desplome nos últimos tres meses do ano pasado. Nese trimestre, os soldos dos e das traballadoras españolas caeron un 4,3 por cento a respeito do mesmo período do ano anterior. No conxunto da UE, os salarios aumentaron nun 1,4 por cento, segundo apontan os datos ofrecidos por Eurostat, a oficina estatística da Comisión europea.

Dos 25 países sobre os que hai datos dispoñíbeis (faltan Grecia e Portugal), os únicos nos que os salarios por hora de traballo se reduciron a respeito do mesmo período de 2011 foron Eslovenia (-1,7%) e Estado español (-4,3 por cento).

Na outra banda están países como Rumanía (onde aumentaron nun 7,6%), Estoinia (6,6%) ou Bulgaria, onde os salarios incrementaron en case un 6 por cento. En Alemania ese aumento foi do 3,3%, en Francia do 2% e en Italia foi de 0,7 por cento.

Comentarios