martes 03/08/21

O recibo da luz subirá "o duplo ou o triplo" do que dixo Rajoy

Facua informa de que o incremento adicional procederá da portaxe progresiva da electricidade, que encarecerá o recibo nun 3% de media, e nun 7,4% para os fogares que teñan un consumo meirande. O Goberno español anunciou unha suba do 3% a partir de xaneiro


A organización de [email protected] Facua advertiu este domingo de que as subas previstas no recibo da luz para o mes de xaneiro serán "o duplo ou do tripo" do 3% que anunciou o Goberno español como consecuencia da subasta eléctrica realizada nestes días. O incremento adicional procederá da portaxe progresiva da electricidade, que encarecerá o recibo nun 3% de media, e nun 7,4% para os fogares que teñan un consumo meirande.

As portaxes progresivas aplícanse sen tomar en conta o número de persoas que partillan a vivenda, nin o lugar do estado en que está ubicada nin a temporada do ano en que se emite o recibo. Para alén disto, considera Facua que o incremento do 3% "está totalmente inxustificado á vista das marxes enormes das empresas e das previsións de beneficio a final de ano". En dez anos o prezo da electricidade se incrementou un 86%. En euros, 442 ao ano.

Rajoy e as eléctricas, a polo peto da cidadanía

A pesar do importante desembolso que pagar a factura a luz suporá para as familias no contexto socio-económico actual, o Goberno español prepara un cambio regulatorio. Do que se trata é de recortar o dereito [email protected] [email protected] a se acolleren á tarifa fixada polo Ministerio de Enerxía, "obrigando a contratar as tarifas no mercado libre, que son aínda máis caras".

Alerta a organización non gobernamental de que a TUR --Tarifa de Último Recurso-- é aprobada cada tres meses a teor do ditado nunha poxa "escura" realizada polas empresas eléctricas e onde o prezo do kWh está decidido antes de que comece o acto polas dúas principais xeneradoras: Endesa e Iberdrola.

O modelo, deseñado por José María Aznar a finais dos '90, complétase ao publicaren no BOE --Boletín Oficial do Estado-- o resultado da poxa, pois o prezo do kWh que se fixa no mercado ao por maior determina o que se aplicará ao consumo doméstico na tarifa que fixa o Goberno central, a TUR. Aínda que tal proceder foi cuestionado polas comisións estatais de Enerxía e da Competencia, o Goberno español segue a resolver a favor das multinacionais, que en 2011 obteron un beneficio que rolda os 10.000 millóns de euros.

comentarios