ECONOMÍA

O presidente de NCG celebra que Galiza teña un "goberno estábel" por ser mellor "para os bancos"

O presidente de NCG celebra que Galiza teña un "goberno estábel" por ser mellor "para os bancos"

O presidente executivo de Novagalicia Banco vén de mostrar a súa ledicia polo feito de que na Galiza haxa "un goberno estábel", en referencia á vitoria do PP, por ser iso o mellor "para os bancos e a cidadanía". Tamén apuntou que as mobilizacións de [email protected] polas preferentes están "politizadas"
Castellano
photo_camera Castellano

O presidente executivo de Novagalicia Banco, José María Castellano, mostrouse feliz pola vitoria do PP na cita electoral do domingo. Castellano considera que as urnas deron o triunfo a un "goberno estábel", e que este é o mellor "para o banco, a cidadanía e para todos".

O responsábel da entidade financeira tamén se manifestou sobre a petición de rescate por parte do Estado español, considerando que esta solicitude se fará de forma inminente e que iso é o mellor, pois despexa incertezas. Aínda que Castellano indicou que facía as declaracións "como cidadán español", apuntou que non ve moitas opcións de que non se pida o rescate.

Preferentes

O presidente de NCG tamén se pronunciou sobre as preferentes e subordinadas, que só no que atinxe a esta entidade afectan pola volta de 45.000 persoas. Castellano considera que as mobilizacións e protestas deste colectivo están "politizadas" e mesmo afirma que "entre @s que se moven" nese ámbito "non hai [email protected]", engadindo que nin sequera "teñen familiares" nesa situación.

comentarios