O PP aproba en solitario a lei que abre a porta a cobrar por circular polas estradas de Galiza

A oposición cualifica de “barbaridade” unha norma na que se poden fixar taxas por circular por calquera vial do país. O goberno autonómico di que non aplicará a norma

Circular por estradas e viais de titularidade autonómica pode ter un custo económico para @s usuari@s. O PP aprobou esta semana en solitario no Parlamento de Galiza a nova lei de Estradas, que vén substituír ao orixinado a mediados dos 90 baixo o paraugas do goberno de Fraga. A nova norma xa recabou as críticas das tres formacións da oposición (BNG, AGE e PSdeG). O motivo? Que no articulado, sosteñen, ábrese as portas a fixar taxas e cobros por circular por eses viais.

Refírense as formacións ao artigo 31, no que se fala de “xerar rendementos económicos” mediante a creación de “taxas”. É dicir, cobrar por circular. O PP non nega isto, mais si que di que non aplicará ese artigo. Os populares, é máis, din que para poder aprobar esa taxa, cómpre elaborar unha nova lei, diferente desta, e no ámbito da Consellería de Facenda.

Lei de augas

Mais hai quen lembra que esta Lei de Estradas pode ser unha nova Lei de Augas. Sacar adiante leis con artículos nos que se permite fixar novas taxas e impostos, prometer qe non se van plaicar, e acabar aplicándoas.

Comentarios