O plantel de Alimentos Lácteos mantén as mobilizacións perante o silencio e inacción da Xunta

A Xunta dá a resposta por calada ao plan de negocio da factoría de Outeiro de Rei, o que mantén á empresa en nin arre nin xo: Nin reanudar a actividade nin concurso de acredores

“Preguntamos ao Partido Popular e aos responsábeis da Xunta de Galiza se realmente están a traballar en algo? Que garantías poden ter os traballadores dunha solución positiva ou esperanzadora da administración galega?”. Estas son as preguntas que, a través de Christian López Carmona, da CIG, están ase facer desde hai semanas os eas traballadoras de Alimentos Lácteos.

“Silencio absoluto” e “a resposta á calada” únicas respostas que teñen por parte da administraciónás preguntas sobre unha solución para a factoría de Outeiro de Rei. De aí que o cadro de persoal manteña as mobilizacións e protestas.

O que demandan os e as operarias é que a administración pública galega “determine e garanta un plan de viabilidade para Alimentos Lácteos coa concreción económica que sexa oportuna e sempre dentro do prazo legal para a entrada en situación de concurso de acredores”.

Comentarios