Encerramento nos estaleiros galegos en defensa do naval e contra a devolución do 'tax-lease'

Os traballadores do naval galego decidiron por unanimidade nas asembleas iniciar un encerramento de 24 horas nos estaleiros da Ría de Vigo. Unha protesta que manterán até a decisión da comisión esta cuarta-feira sobre a devolución das axudas do tax-lease

naval
photo_camera naval

CIG, UGT e CCOO trasladaron aos traballadores do naval a posibilidade de iniciaren fechamentos nos centros de traballo até a vindeira cuarta feira. E as asembleas de traballadores aprobaron por unanimidade iniciar esta protesta reivindicativa para demandar a Bruxelas que non condene o naval coa devolución do tax-lease.

Aliás, aseguran desde as centrais sindicais, non descartan desenvolver novas mobilizacións nos vindeiros días coincidindo coa declaración oficial de Bruxelas. 

O 17 de xullo a Comisión europea fará pública a data a partir da que exixirá a devolución das bonificacións recibidas polos estaleiros galegos. Após as propostas elevadas polos gobernos da Galiza, Asturias e Euskadi --xunto co propio executivo español-- Bruxelas propuña a pasada segunda feira que a devolución do tax-lease abranguese as axudas concedidas desde xullo de 2007. Data na que se produciu a resolución desfavorábel ao expediente francés.

Pola súa banda, a Xunta considerou "excesiva" a proposta presentada pol@s comisari@s embora fose rebaixada 2 anos do plantexamento inicial. Así, exixen que Bruxelas reclame o pagamento das axudas percibidas desde 2011, ano no que as propias autoridades comunitarias declararon ilegal o procedemento de bonificacións coñecido como tax-lease.

O contrario, advirten @s traballador@s e o propio exectivo, sería condenar o sector.

Comentarios