Mobilizacións en Vigo e Ferrol de traballadores do naval na defensa do sector

Xornada de mobilización e protesta nos estaleiros galegos. Nos de Vigo (privados) en pé de guerra contra a devolución das axudas do 'tax-lease' por supoñer a fin do sector. En Ferrol (público) en demanda de carga de traballo

naval

O naval volve á rúa. Mais unha vez. En Vigo, a manifestación percorre a cidade para rexeitar a pretensión de Bruxelas de devolución das axudas do 'tax-lease'. Suporía para os estaleiros galegos ter que pagar máis de 1.700 millóns de euros. E si supón,lembran os sindicatos, botar o peche e poñer na rúa a milleiros de operarios das factorías e das empresas auxiliares.

En Ferrol, o cadro de persoal de Navantia quer facer unha cadea que una a ría, procurando unha imaxe potente de unidade e denuncia da situación destes estaleiros, sen carga de traballo. Non houbo o tan cacarexado dique flotante prometido no seu momento e o do flotel do que falaba o presidente da Xunta ninguén sabe nada. En xogo, tamén, milleiros de empregos.

O naval galego perdeu no último lustre por volta de 15.000 empregos. E agora está na batalla por non perder os que fican.

Comentarios