O naval de Vigo afirma que as “viaxes a México” non son solución para un sector que perdeu 10.000 empregos en tres anos

Representantes do sector asistiron ao pleno da cidade olívica, onde exixiron da Xunta unha verdadeira implicación e”menos campañas”. Reprocharon a concelleir@s do PP que o seu partido "non faga nada" polo naval

naval vigo

O naval, tanto o de Ferrol como o de Vigo,están fartos. Á falla de cargo de traballo e destrución de milleros de empregos súmase sestar na axenda mediática da administración, polo que son bombardeados constantemente con promesas e promesas de solución que, iso si, non se concretan nunca.

Por iso, os representantes do sector naval de Vigo que esta segunda feira asistiron ao pleno ordinario de Vigo pediron á Xunta “menos campañas de propaganda” e lembráronlle que a solución non está en “viaxes a México” senón que hai que facer forza perante Madrid e Bruxelas en cuestións como a financiamento e avais públicos. “Hai que actuar conscientemente da importancia destes sectores para Galiza”.

“Hai que dicirlle a Feijóo que procure financiamento, non barcos, iso xa o fan os nosos directores comerciais”

Son, afirmaron no pleno representantes da CIG, CCOO e UGT, dez mil empregos perdidos nestes tres anos, e “unhas 200 empresas auxiliares que tiveron que pechar “por inanición”.

Hai traballadores moi cualificados que “están a emigrar a outros territorios do Estado e de Europa porque aquí non hai traballo”. 

Comentarios