O naval de Ferrol volve á rúa farto da “tomadura de pelo” de Feijóo

Milleiros de operarios do naval maniféstanse na rúa da cidade contra a falla de carga de traballo. O comité de empresa reprocha a Feijóo que veña de México con novas promesas que nunca se concretan

naval
photo_camera @maria_panblanco

O naval de Ferrol cifrou a principios de 2013 en máis de 4.000 os empregos perdidos desde o inicio da crise, dos cales perto de 1.900 entre setemebro de 2011 e comezos do presente exercicio. Unha sangría. E fronte a este escenario, sinalan desde o comité de empresa de Navantia, só hai palabras e promesas,mais ningunha realidade.

As promesas traídas por Feijóo após a súa viaxe a México (floteis de Pemex,máis buques,...) son “unha tomadura de pelo”, indican desde o comité.

Que cumpran!

Por iso, por volta de 3.000 de operarios do naval volveron esta sexta saír á rúa, para denunciar o desleixo e incumprimentos de gobernos autonómico e estatal, e reivindicar carga de traballo, comezando polo dique flotante.

Estas demandas contan co apoio de todos os sindicatos, para alén de BNG, AGE e PSdeG.

Comentarios