O Naval de Ferrol retoma as mobilizacións para obrigar a SEPI a dar solucións ao sector

O cadro de persoal decidiu en asemblea marchar a Madrid o 22 deste mes
Mobilización en Ferrol polo naval
photo_camera Mobilización en Ferrol polo naval

Están a ser semanas intensas no naval galego, consciente do moito que se están a xogar e de que o futuro deste sector, que emprega a milleiros de persoas na Galiza, pende dun fío. Se hai uns días Vigo albergaba unha multitudinaria manifestación en defensa do naval da comarca, agora Ferrol toma o testemuño e prepara un calendario de mobilizacións. Uns tres mil traballador@s participaron na asamblea celebrada fronte ás oficinas de Navantia na cidade departamental e acordaron por unanimidade realizar unha marcha a Madrid para forzar unha reunión coa Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI).

De feito, os representantes do cadro do persoal xa remitiron un buro fax á SEPI en que lle notificaban que o 23 ás 10 da maña estarían na súa sede en Madrid para manter unha reunión. Nove horas antes partirán de Ferrol a bordo de autobuses, nunha marcha en que convidaron a formar parte a alcaldes e voceir@s municipais dos concellos da comarca, así como a representantes da industria auxiliar.

O propio 23, volverá celebrarse unha nova asamblea en que se dará conta dos resultados da xuntanza. Se estes non cumpren as expectativas do naval, podería realizarse unha movilización o 30 de maio. E o 10 de xuño, manifestación.

Comentarios