O goberno de Oia darase de baixa do PP se Xunta e Madrid non dan solución ás preferentes

O alcalde de Oia e os outros cinco concelleiros do PP nese concello veñen de ameazar con se dar de baixa dese partido se goberno central e autonómica non varían a súa posición a respeito do calote das preferentes

O grupo municipal do PP de Oia, que obstenta a Alcaldía deste concello pontevedrés con Alejandro Rodríguez á fronte, vénd e remitir sendas cartas a Xunta e executivo central nas que lles solicitan un cambio de posición a respeito do calote das preferentes.

Rexedor e concelleir@s populares en Oia transladan a Feijóo e Rajoy o seu malestar co tratamento que se dá a un problema que afecta a milleiros de galeg@s (e non poucos veciños en Oia). Rodríguez e os edís populares entenden que nen goberno autonómico nen central están a facer o preciso

Paso a grupo mixto

O propio alcalde de Oia afirmou que se non hai "resposta satisfactoria", el e o resto dos e das concelleiras do grupo de goberno, actualmente no PP, pasarían ao grupo mixto.

Comentarios