A Moncloa aproba a segunda reforma do sistema financeiro en tres meses e prestará 15.000 millóns á banca

Os bancos estarán obrigados a traspasar os seus activos inmobiliarios “tóxicos” (cuxo valor ronda os 180.000 millóns de euros) a sociedades especializadas.
O goberno defendeu as medidas adoptadas
photo_camera O goberno defendeu as medidas adoptadas

O goberno español vén de presentar no Consello de Ministros o decreto que regula a segunda reestructuración financiera en tres meses (a cuarta desde o inicio da crise). A norma aprobada polo ejecutivo central endurece as provisións das entidades e os bancos españois deberán mobilizar en torno a 30.000 millóns de euros adicionais para cumplir cos novos requerimentos.

Mais estas disposicións contemplan unha nova inxeción de cartos públicos (non a fondo perdido, senón como un empréstito ao 10%) que podería rodnar os 15-000 millóns de euros, segundo recoñeceron desde o Ministerio de Econom´ñia español

Os bancos estarán obrigados a traspasar antes de que remate o 2012 todos os seus activos inmobiliarios “problemáticos” a sociedades especializadas na súa xestión. Coa fianldiade de axilizar a venda destes activos tóxicos, esas sociedades deberán de colocar anualmente polo menos o 5% dos mesmos para que o banco afectado poida ir desvinculándose dese lastre- Mais no caso daquelas entidades financieras con axudas públicas, o prazo é de tres anos para que a sociedade inmobiliaria quede fora do perímetro de consolidación do banco.

115.000 millóns de euros públicos para a banca

Desde o inicio da crise, a remodelación da banca mobilizou máis de 115.000 millóns de euros procedentes do Estado. E o número de caixas de aforro pasou no Estado de 45 a 9. No que atinxe a Novagalicia Banco, o FROB inxectou perto de 2.500 millóns de euros, o que implica que o 93% da entidade pertence a este Fondo.

Alén diso, as medidas aprobadas no Consello de Ministros semellan, segundo diversas fontes, que poñen en serio risco a continuidade de NCG coma entidade financiera independente.De feito, NCG terá que provisionarse de 1.000 millóns de euros máis

Comentarios