mércores 12/08/20

O goberno de Rajoy anuncia que non pagará @s pensionistas a suba do IPC

As pensións subirán só un 1% en 2013, un 2% as inferiores a mil euros. Mais a inflación pechou en novembro rozando o 3 por cento.
vellos
vellos

O goberno español non pagará aos e ás pensionistas a desviación da inflación. O executivo do PP racha así tanto cunha promesa electoral, non sería a primeira que rompe, como coa lei que obriga a compensar @s xubilad @s pola suba do IPC (Índice de Prezos ao Consumo). A vicepresidenta Soraya Sáenz de Santamaría xustifica a decisión en que o "panorama económico" non permite ese axuste.

 A inflación pechou en novembro cunha suba do 2,9%, polo que o IPC queda por riba do 1% con que o goberno di que vai subir as pensións en 2013, un 2% para as que fiquen por baixo dos 1000 euros. Xa que logo, @s pensionistas perden poder adquisitivo. Algo que, no caso da Galiza, supón unha diminución maior, pois ten as pensións máis baixas do estado.

Galiza

Galiza, con 701 euros, mantense como furgón de cola do Estado español canto á contía de pensións. Unha media de 135 euros menos no noso país que no nivel do estado. Os outros territorios coas pensións máis baixas son Murcia (736 euros) e Estremadura (706). No outro extremo sitúanse Euskal Herria e Asturies. A pensión media na CAV está nos 1.100 euros mensuais, entrementres @s [email protected] cobran case 990 euros.

Na Galiza as pensións por xubilación sitúanse en 786,74 euros de media, con 453.390 pensionistas; as de viuvez en 508,19 euros e 185.361 [email protected]; entrementres as de incapacidade permanente teñen unha media de 779,5 euros e 69.977 pensionistas.

comentarios