O Estado quere que NGB vaia a mans de La Caixa

A entidade financeira, en mans do Estado, pode acabar en mans de Caixabank. Esa é a opción favorita do FROB, fronte aos fondos estranxeiros de investimento dos que gostan Castellano e Feijóo

NGB
photo_camera NGB

Unha vez que xa ficou meridianamente claro que Novagalicia Banco vai desaparecer como entidade galega e independente (e con ela o sistema financeiro propio), todo é cuestión de procurar comprador. E aí andan o Estado e o FROB, nun xogo cuxa coincidencia cos intereses de Galiza é mera casualidade.

Segundo informa La Voz, a aposta do FROB é por dar Novagalicia Banco a Caixabank (antes, La Caixa). Caixabank, xunto co BBVA e Santander conforma o triunvirato bancario español ao gosto do que se adecúa o mapa financeiro 'patrio'.

Esta opción do FROB non é o preferido nin pola cúpula de NGB nin pola Xunta, partidarios de que a entidade fose para fondos de investimentos estranxeiros

Na liña do Banco de España

O Banco de España quer que NGB sexa para entidades "sás e españolas", e así o manifestou hai variosdías. O supervisor non quer que fondos de investimento estranxeiros merquen Novagalicia Banco, senón entidades solventes e españolas. Unha postura que bota polo chan as aspiracións de Feijóo e do presidente de NGB, Castellano

Comentarios