O Estado adxudica o Banco Gallego ao Sabadell por un euro

O Banc de Sabadell volve lograr unha entidade financeira subastada polo FROB, e xa van varias. Desta volta é o Banco Gallego, que ten 700 empregad@s e 180 oficinas. O prezo? Un euro

banco gallego
photo_camera banco gallego

O Sabadell  pagará un euro pero terá que cubrir un déficit de capital de 200 millóns . Coa adquisición do Banco Gallego, a entidade presidida por Josep Oliu logra desembarcar en Galiza, onde só tiña 28 oficinas.

O Banco Gallego ten un volume de activos de 4.000 millóns de euros, sendo desa cifra os activos ponderados por riscos supoñen por volta de 2.000 millóns. Iso implica unhas necesidade de capitalización duns 200 millóns de euros, que equivalen o 10% dos activos que marca a lexislación.

O Banco Gallego, que o FROB controla pola súa participación en Nova Caixa Galicia, ten un cadro de persoal de 700 empregad@s e 83 oficina

O Sabadell xa se fixo coa Caja de Ahorros del Mediterráneo nunha subasta anterior do FROB. Anteriormente integrou ao Banco Guipuzcoano e logrou o control do Urquijo, o Atlántico e o Herrero

Comentarios