O presidente do BCE comparece a porta fechada no Congreso español

Sen cámaras e mesmo sen permitir que @s deputad@s flitren información. Así comparece Mario Draghi esta terza feira no Congreso d@s deputad@s.

Unha visita que está a recibir duras críticas polo carácter confidencial e ultra-segredo da comparecencia. O director do Banco Central europeo desenvolverá unha ponencia no Congreso d@s deputad@s a porta fechada. Sen micros nin cámaras e con ordes estritas de que non se filtre información durante o acto a través de operativos móbil --malia que algúns deputados anunciaron que de todos as formas, darían a coñecer o contido da comparecencia. 

Na reunión estará presente a portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila.

A portavoz do BNG estará presente na comparecencia

Sen actas nin taquígrafos só haberá un pequeno espazo reservado para as preguntas das portavocías dos grupos. O formato de exposición foi o mesmo empregado polo seu antecesor,Jean Trichet e o ex-director xerente do FMI no anuncio parlamentar do resgate a Grecia. 

Comentarios