O Día D para o naval galego

A comisión da Competencia da UE decide esta cuarta feira se o naval ten que devolver as axudas polo 'tax-lease'. Unha decisión da que penden máis de 15.000 empregos na Galiza. Vídeo no interior

naval

A comisión de Competencia da Unión Europea decide nesta cuarta feira se o naval do Estado español ten que devolver ou non as axudas do 'tax-lease'. Unha decisión tras a cal, no fondo, está a supervivencia ou non do sector. En xogo, máis de 15.000 empregos directos e indirectos na Galiza.

Nestas horas previas á transcendental reunión, centos de operarios do naval galego seguen pechados nos estaleiros, nunha medida coa que queren evidenciar e pór sobre a mesa que hai todo un sector que pende do que hoxe decidan en Bruxelas. Desde a UE falouse nas últimas horas de que esa devolución das axudas pode que fose só desde 2007 e non desde 2005. Un 'abrir a man' que non é tal, como denuncian sindicatos, patronal e goberno, pois segue a afundir o sector.

Galiza tería que devolver sobre 1.700 millóns de euros. Unha cantidade que afogaría o naval. Factorías como Barreras ou Vulcano serían as máis afectadas por esta devolución.

Danos irreversíbeis

Mais nestas tres semanas pendentes de que Bruxelas decida, o naval galego xa pagou un prezo: a perda de seis contratos para construír outros tantos buques.

Comentarios