O Comité Intercentros denuncia "brutal supresión" de postos de traballo na Xunta

O comité intercentros do persoal laboral da Xunta denuncia a recente decisión de eliminar 251 postos de traballo na administración e acusa a Feijóo de mentir
xunta

 

O comité intercentros, que representa aos e ás traballadoras da Xunta de Galiza, considera unha "brutalidade" a decisión do goberno presidido por Feijóo de iniciar un ERE encuberto que implica, entre outras consecuencias, 251 despedimentos na Consellaría de Traballo, aliás doutras medidas laborais prexudiciaismpara os e as empregadas públicas.

"A proposta de modificación da relación de postos de traballo da Consellaría de Traballo e do Benestar presenta unha redución de 251 efectivos. Esta brutal eliminación de postos de traballo non só afecta a postos vacantes; tamén implica o despedimento do persoal laboral indefinido, 19 postos de traballo, aos que se lles aplica a reforma laboral do goberno de Rajoy; despedimentos obxectivos por causas económicas. Por primeira vez a Xunta fará uso desta reforma laboral que prima o despedimento case que gratuíto".

 "Por primeira vez a Xunta fará uso desta reforma laboral que prima o despedimento case que gratuíto"

Rexeitamento

O comité intercentros do persoal laboral da Xunta de Galiza rexeita, mediante un comunicado, "enerxicamente, esta política de destrución dos servizos públicos".Nesta liña, fan un chamamento aos empregados públicos para se mobilizar "e tentar impedir esta brutal amortización dos postos dos nosos compañeiros e compañeiras de traball"o.

 

Comentarios