O Círculo de Empresarios pide "unha maior machetada" na sanidade

Solicita que o repago se faga extensíbel a servizos como urxencias ou atención primaria, entre outras
A xunta do Círculo con El-Rei
photo_camera A xunta do Círculo con El-Rei

O Círculo de Empresarios é partidario de dar "unha maior machetada" ao sistema sanitario español para garantir que este sexa sostíbel. Así de contundente se pronunciou John de Zulueta, presidente do .Comité Específico sobre Sanidade desta organización.

Zulueta, asemade, amosouse partidario de extender o repago a servizos como as urxencias, as atencións hospitalarias, a atención primaria ou nas especialidades. Na presentación do informe "Hacia un sistema sanitario (II)", o membro do Círculo de Empresarios sinalou que estes repagos xa se están a aplicar noutros países europeos e que ese debería ser o camiño a seguir para o Estado español.

Penalizar ao enfermo que non cumpre o que lle manda o médico

Zulueta tamén avogou por implantar no Estado medidas como as que, afirmou, existen no Reino Unido e punir ao enfermo que non segue a pauta marcada polo médico.

"Por que estamos a gastar nun transplante de fígado a un alcólico?. Hai que valorar o coste-beneficio".

Neste sentido, o responsábel de Sanidade do Círculo preguntouse "Por que estamos a gastar nun transplante de fígado a un alcólico?. Hai que valorar o coste-beneficio".

Hospitais privados, mellores

Pola súa banda, a presidenta do Círculo de Empresarios, afirmou que @s usuari@s dos hospitais nos que existen elementos privatizados están moito máis satisfetitos que naqueles en que todo é público.E apuntou a que os custos e gastos sanitarios naqueles centros onde xa hai elementos do privado son un 25% menos que no público.

Eliminar persoal

Zulueta incideu noutra das propostas do informe do Círculo de Empresarios sobre a sanidade e pideu "ir eliminando ao persoal sanitario estatutario" por outro tipo de contratos. E defendeu esta posición para, sinalou moi serio, evitar a "politización".

Comentarios