O BNG critica que os gobernos "nacionalicen as perdas" mais se opoñan a "crear unha banca pública"

Os nacionalistas rexeitan investir cartos públicos en rescatar entidades financieiras

A deputada do BNG e secretaria de comunicación da Executiva Nacional, Carme Adán, amosou hoxe o rexeitamento do BNG ás novas axudas para o rescate de entidades financeiras que, previsiblemente, aprobará hoxe o goberno en Consello de Ministros.

“Hoxe a xente preguntarase como é posíbel que neste momento os gobernantes estean nacionalizando as perdas provocadas pola mala xestión das entidades financeiras e ao mesmo tempo o propio presidente da Xunta de Galiza non queira nin escoitar falar da posibilidade de crear unha entidade financeira pública -proposta defendida polo BNG-, xustamente para dar crédito ás empresas e ás familias galegas”, asegurou Carme Adán.

Ante esta situación, a responsábel do BNG non dubidou en cualificar a situación de “moi preocupante: nacionalizanse as perdas por despilfarro e por mala xestión das entidades financeiras e négase que, como defende o BNG, se cree unha banca pública, que é unha das poucas saídas que quedan para que flúa o crédito e se reactive a economía”.

Comentarios