O BCE gañou 1.100 millóns de euros coa débeda de estados en crise

O primeiro programa de compra de débeda estatal reportou ao Banco Central Europeo en 2012 uns 1.100 millóns de euros. Só a débeda grega supuxo un ingreso de 555 millóns de euros para a caixa do BCE.
BCE

O Banco Central Europeo (BCE) pechou 2012 cun beneficio millonario grazas, en grande parte, á débeda soberana de estados en crise: Grecia, Irlanda, Portugal, España e Italia. Máis de 1.100millóns de euros ingresaron as caixas deste organismo por este concepto. Grazas ao aumento dos ingresos netos por xuros, o BCE aumentou os seus beneficios en 2012 comparanza con 2011 en máis de 270 millóns de euros.

Segundo os propios datos do organismo presidido por Mario Draghi, o BCE ten no seu poder débeda estatal de países en crise por valor de 208.700 millóns de euros, dos cales 99.000 millones de euros serían títulos italianos e 43.700 millóns de euros débeda española.

Os estados da UE pagan en xuros á banca comercial o equivalente ao 3% do PIB 

Paralelamente a se coñeceren estes dados, o economista Alejandro Nadal publicaba un artículo no cal se expón que os países da Unión Europea pagaran máis de 370 mil millóns de euros een xuros aos bancos comerciais en 2011. Unha cantidade que equival a 2,9 por cento do PIB da UE.  Para Nadal, non hai autonomía dos bancos centrais,é un simple espellismo para ocultar a "subrdinación das finanzas públicas á banca comercial".

Comentarios