O número de fogares sen ingresos aumentou en Galiza en 84% nesta década

É actualmente de 32.200. En 2010 era de 17.500.

pobreza

No segundo trimestre de 2018 hai en Galiza 32.200 fogares nos que ninguén dos seus membros percibe ingresos. Son 2.000 menos dos que había a inicios de ano mais aumenta a respecto dos existentes a finais de 2017. A Enquisa de Poboación Activa (EPA) recolle que en Galiza 2017 despediuse cun total de 31.600 fogares que non contan con ningún tipo de ingresos.

Unha cifra que se reduce a respecto dos de trimestres anteriores (a finais de 2016 eran 34.800 os fogares nesta situación) mais que continúa moi por riba da que había vai case para unha década. De feito, case duplica os existentes en 2010. Naquel ano estaban nesa mesma situación, sen ningún tipo de ingreso 17.500 fogares.

O paro de longa duración e a fin das prestacións por desemprego, o esgotamento das axudas..... son algúns dos factores para explicar estes milleiros de fogares que carecen actualmente dalgún tipo de ingreso. Os sindicatos levan tempo advertindo do risco de exclusión social para miles de familias. Non só para aquelas que non teñen ningún ingreso senón tamén para aqueles fogares con algún membro activo e onde todos están no paro, e mesmo daqueles cuxa subsistencia depende de salarios precarios.

Neste sentido, e tamén segundo os dados da EPA, hai actualmente no noso país 53.000 fogares onde todos os seus activos están 

Comentarios