Novo recurso contra o ERE de Alcoa

As administracións local, autonómica e central piden a retirada do expediente e queren unha mesa de interlocución coa empresa.

asturies avilés alcoa imaxe CCOO asturies
photo_camera Mobilización en Avilés contra o feche de Alcoa. Imaxe: CCOO Asturies

O comité de empresa de Alcoa-A Coruña presentou perante Inspección de Traballo unha denuncia por “vulneración de lexislación” no expediente de regulación de emprego (ERE) extintivo presentado pola multinacional para o persoal das factorías coruñesa e de Avilés. Un recurso que é unha ampliación das denuncias presentadas a finais de outubro e inicios de novembro por defectos de forma no proceso que Alcoa está a desenvolver “unilateralmente”.

De feito, os comités de empresa de ambas as dúas factorías néganse a participar no período de información e consultas sobre os despedimentos. Pouco lle parece importar á multinacional, que dá por iniciada esta fase o pasado 31 de outubro. A normativa fixa que a duración desta fase é de 30 días.

Mesa

Representantes das administracións locais (concellos da Coruña e Avilés), autonómicas (galega e asturiana) e estatal volveron reunirse esta quinta feira para debater sobre Alcoa. Acordaron exixir de novo a retirada do ERE. Tamén que se constitúa unha mesa de traballo, con presenza das administracións, dos comités de empresa e tamén da propia multinacional.

Na xuntanza o goberno central expuxo unha serie de medidas a activar antes de que conclúa o ano, medidas de apoio a empresas electrointensivas como é o caso de Alcoa. Propostas, de por parte, que non son unha novidade: subasta de interrumpibilidade e compensacións por emisións CO2.  O goberno, iso si, que dar estabilidade ao modelo de subastas para que estas sexan máis estábeis e non anuais como até agora.

Avilés

Miles de persoas 50.000 segundo a os convocantes)  ateigaron Avilés na noitiña desta quinta feira para rexeitar o fechamento da actoría de Alcoa nunha manifestación na que tamén estiveron presentes traballadores das plantas galegas (A Coruña e San Cibrao).

Comentarios