Novo récord do prezo da luz: durante a franxa máis cara de hoxe superará os 200 euros por MWh

Tras bater senllos récords históricos tanto en xullo como en agosto, setembro xa ten na súa vitrina os maiores prezos rexistrados até o de agora no mercado almacenista.
O prezo da luz repunta esta segunda feira (Foto: Nós Diario).

O prezo da luz marcará esta cuarta feira un novo récord histórico. Pagarase a 189,90 euros por MWh e subirá un 3,93% respecto a esta terz feira, segundo os últimos datos publicados polo operador do Mercado Ibérico de Electricidade (OMIE) e superará o prezo histórico máximo até o momento de 188,18 euros por MWh rexistrados o xoves 16 de setembro.

A franxa máis cara será de oito a nove da noite, cando o prezo por MWh dispararase a 208,47 euros. Pola contra, a franxa máis barata será de tres a catro da mañá, con 167,01 euros por MWh.

O prezo medio diario da electricidade no mercado almacenista (pool), que serve para fixar parte do recibo de electricidade, marca este 26 de setembro o domingo máis caro da historia, até os 160,42 euros o megawatt hora (MWh), a pesar de que supón un descenso de 3,57% respecto ao rexistrado o sábado (166,36 euros).

Tras bater senllos récords históricos tanto en xullo como en agosto, setembro xa ten na súa vitrina os maiores prezos rexistrados até o de agora no mercado almacenista.

En agosto, e en plena onda de calor, o prezo foi marcando un novo récord tras outro, provocando que o prezo medio do mes alcanzase os 106 euros/MWh, o máis caro da historia, seguido de xullo, que xa marcou outro récord, cun prezo de 92,4 euros.

Rebaixas na factura

A redución do IVE a 10%, a suspensión do imposto de 7% á xeración eléctrica, o desconto do imposto da electricidade a 0,5% ou a contribución esperada de 2.600 millóns de euros por parte das eléctricas procedente dos denominados 'beneficios caídos do ceo', son algunhas das medidas acometidas polo executivo estatal para reducir o prezo da luz.

Comentarios