O novo presidente da patronal galega, sen complexos: as condicións laborais non son importantes

Fernández Alvariño afirma que “o importante” é crear emprego, sen eque importen as condicións do mesmo. Sobre a precariedade maniestou:“As formas non son importantes”

Desemprego construción
photo_camera Desemprego construción

O novo presidente da Confederación de Empresarios de Galiza, Fernández Alvariño, quer maior flexibilidade no mercado laboral. O mandatario da patronal galaica defendeu que perante a crise o importante é crear emprego sen pararse a mirar “se (o traballo) é fixo ou non fixo, precariedade ou non...”

Para Alvariño, “o importante para os empresarios é crear emprego, a forma ou non forma...imos procurar a maior flexibilidade”. Nas declaracións, feiras durante unha entrevista na Cadea Ser, considera que o que demanda o mercado non é pararse a mirar as condicións laborais dos traballadores.

O novo mandamáis dos empresarios galegos levou durante anos as rendas da patronal da provincia de Pontevedra. Grazas a unha alianza coas provinciais de Lugo e Ourense, deixou fóra de xogo ao seu antecesor, Fontenla, que decidiu non concorrer aos comicios. Iso si, despois de acusar a Alvariño de se rodear de ‘interesados’.


 

Comentarios