Un novo paso adiante no cooperativismo galego coa fusión das sociedades de Aira

Da decisión descolgouse Leira. Aira pasa ser unha cooperativa de primeiro grado, que ten máis de 2.600 socios e 220 empregados en 13 centros de traballo.

Vacas pacendo

Aira pasa ser unha cooperativa de primeiro grao, unha entidade na que fican integradas cinco cooperativas: Agris, Coelplan (Becerreá), Cogasar (Sarria), Icos (Chantada-Silleda) e a propia Aira (Taboada). Da decisión descolgouse unha sexta, Leira, por decisión dos seus socios. Esta nova fusión supón máis un paso adiante no eido do cooperativismo galego.

Esta integración faise baixo o nome de Aira, cooperativa de pensos con sede en Taboada (Lugo). A nova entidade prevé comezar a operar como tal o 1 de xaneiro de 2018.  Contará con máis de 2.700 socios –agricultores e gandeiros-, por volta de 220 empregados e calcula unha cifra de negocio de vendas e servizos conxuntos que supera os 90 millóns de euros.

Ten 13 centros de traballo. A produción de leite dos socios supera os 300 millóns de litros anuais, repartidos entre máis dun milleiro de explotacións, ademais da fabricación de 150.000 toneladas de pensos. A aposta na industrialización e comercialización conxunta do leite é un dos obxectivos da nova cooperativa. Non o único, pois tamén vai centrarse no sector da carne, así como servizos de veterinaria, carburantes, loxística, maquinaria, comercialización e tamén asesoramento.

Comentarios