ECONOMÍA

Novembro deixa máis de 276.000 persoas desempregadas en Galiza

Novembro deixa máis de 276.000 persoas desempregadas en Galiza

O Servizo Público de Emprego publica as cifras de desemprego do mes de novembro. En Galiza, a taxa de paro increméntase máis do 3% e sobe máis do dobre da media estatal.

As cifras de desemprego tiradas do mes de novembro apuntan un incremento do 9,12% a respecto da taxa mensual de 2011. Segundo os datos feitos públicos polo Servizo Público de Emprego, en Galiza o número de persoas desempregadas aumenta máis do dobre que no Estado español.
Por provincias, son A Coruña e Pontevedra as que maior paro rexistran, situándose por enriba [email protected] 100.000 [email protected], entrementres en Ourense e Lugo --malia seguir en aumento-- sitúase en perto das 30.000 persoas.

O Estado español sitúase xa próximo aos cinco millóns de persoas desempregadas (4,907.817) e continúa encabezando a listaxe de Estados da UE con maior taxa de desemprego (26%) seguido das economías rescatadas de Grecia (21%) e Portugal (16%).

Canto aos sectores, en Galiza segue a ser o sector servizos o que maior índice de desemprego reflicte.

Máis en ECONOMÍA
comentarios