Novas mobilizacións na Galiza para reclamar pensións “públicas e dignas”

Esta quinta feira, en seis cidades galegas, convocadas polo colectivo de xubilados e pensionistas da CIG.

19-01-16 AsembleaMobilizacionXubilacionPensionsVigo07

O colectivo de xubiladas e xubilados e pensionistas da CIG chama a mobilizarse nesta quinta feira, día 28 de novembro, dando continuidade a campaña “Por unhas pensións públicas dignas e garantidas”.

O colectivo lembra que as pensións galegas son as segundas máis baixas do Estado e que as mulleres son as máis prexudicadas. Entre as demandas, exixen a derrogación das reformas de 2011 e 2013 para que se garanta o futuro para as pensións.

Hora e lugar:

Compostela: 19:00 horas Praza do Toural

Vigo: 19:00 horas Farola de Urzaiz

A Coruña: 12:00 horas Obelisco

Lugo: 19:00 horas Praza Maior (concello)

Ourense: 20:00 horas Parque de San Lázaro (diante do INSS)

Pontevedra:  20:00 horas Praza da Peregrina

Comentarios