A nova proposta estatal do sistema de cotización non convence a autónomos

UPTA pide fechar canto antes un acordo co máximo consenso.
O ministro José Luis Escriv. (Alberto Ortega/Europa Press)
photo_camera O ministro José Luis Escriv. (Alberto Ortega/Europa Press)

Goberno español, organizacións de autónomos, UXT e CCOO mantiveron onte un novo encontro para seguir negociando o novo sistema de cotización por ingresos reais para o colectivo, no que o Ministerio de Seguridade Social mantivo sen cambios a súa proposta de 13 tramos e cotizacións que realizou a finais de maio, e na que expón cotas de entre 250 e 550 euros ao mes para o período 2023-2025.

Así o explicaron os portavoces das organizacións de autónomos UPTA e ATA, Eduardo Abad e Lorenzo Amor, respectivamente, cuxos puntos de vista difiren bastante nesta cuestión. Así, mentres UPTA ve "perfectamente asumíbel" a proposta do Goberno estatal, ATA rexéitaa, polo que todo apunta que non haberá acordo unánime sobre esta materia no diálogo social.

Pola súa parte, Uatae, outra das entidades, pediu o Ministerio un maior esforzo para baixar as cotas dos tramos con menores ingresos a fin de que non sexan estes os que financien o sistema. "No tramo baixo, alguén que gañe 400 euros ao mes paga de cota máis do 60%, mentres que no tramo alto o esforzo non chega a 15% dos seus ingresos", sinalaron fontes de Uatae.

A proposta do Goberno estatal expón que nos seis primeiros tramos, correspondentes a rendementos netos de entre 670 e 1.700 euros mensuais, os autónomos paguen á Seguridade Social entre 250 e 294 euros de cota mensual, o que suporía rebaixas de entre 52 e 65 euros respecto a o que pagan agora.

Por contra, nos sete tramos restantes, que van desde os 1.701 a 4.050 euros mensuais de rendementos netos, terían que abonar unha cota de entre 400 e 550 euros ao mes, o que supón entre 35 e 107 euros máis ao mes que na actualidade.

Acordo inminente

En UPTA queren que este novo sistema de cotización se termine de deseñar a próxima semana coa maior unanimidade posíbel para aprobalo canto antes. "Esiximos ao Goberno que a semana que vén tome decisións valentes e que, dunha vez por todas, determine a posta en marcha deste sistema", declarou Abad.

Deste modo, o presidente de UPTA instou ao Executivo para expor a semana que vén un texto "definitivo ou case definitivo" que se poida levar ao Congreso para a súa aprobación.

Porén, o presidente de ATA, Lorenzo Amor, cualificou de "inaceptábel", a táboa de cotizacións que propón o departamento que dirixe José Luis Escrivá. "Subir a cotizacións entre 33% e 90% a practicamente un millón de autónomos é algo que non podemos aceptar, abundou.

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

comentarios