xoves 28/10/21

Nova acción dos mariñeiros do caladoiro Mauritano en defensa dos seus dereitos

Mariñeiros do caladoiro mauritano realizaron estab quinta un peche de protesta nas dependencias do Ministerio de Agricultura e Pesca en Pontevedra para reclamar o cobro íntegro das axudas pactadas tras o cese da actividade.
mauritania

O peche simbólico iniciouse pasadas as 11.00 horas coa entrada dun nutrido grupo de afectados/as ao interior do edificio situado na rúa Michelena, onde despregaron varias pancartas reclamando unha solución para o conflito. A protesta remataría dúas horas e media despois, tras seren recibidos polo secretario da Subdelegación do Goberno español, que é o encargado da xestión dos Ministerios.

O responsábel de CIG-Mar, Xabier Aboi, explicou que o representante institucional púxose en contacto telefónico con Madrid para trasladarlles as demandas dos mariñeiros/as. Os afectados/as reclaman que se negocie un novo acordo que lles permita faenar, ao tempo que critican a lentitude coa que se está a levar a tramitación das axudas e o engano que supón que agora o Goberno español fixe as contías en 37,45 euros diarios para cada traballador/a en lugar dos 45 pactados.

comentarios