Organizan Marchas da Dignidade a Madrid para exixir a fin das políticas "anti-obreiras" do PP

Sindicatos galegos, vascos, cataláns, asturianos e andaluces reuniranse esta segunda feira para preparar unha mobilización na que queren implicar a movementos sociais e cidadáns para poñer couto o austericidio do goberno español.

marcha cig

Varias columnas partindo das nacións e territorios que integran o Estado español e cun mesmo destino: Madrid. Unhas 'marchas pola dignidade' coas que denunciar as “políticas anti-obreiras” do PP e demandar un cambio de modelo “e de réxime”. Este é o cerne da iniciativa que esta segunda feira se vai debater en Xixón (Asturies) entre representantes de diferentes sindicatos a convocatoria do SAT andaluz.

Ao encontro asistirán delegacións de Galiza (CIG, CUT), Euskal Herria (LAB, ELA, ESK), Catalunya (IAC) e tamén astuianas (Corriente Sindical d'Izquierda). Segundo informa a Central Unitaria de Traballador@s, “a marcha ten previsto chegar a Madrid o 22 de marzo do ano que vén. O chamamento a participar nesta mobilización, que se fará público en base a un decálogo consensuado por todas as organizacións convocantes, basearase na reivindicación común de pórlle freo ás políticas antiobreiras do PP e a esixencia dun cambio de réxime”.

“Esta mobilización parte dunha proposta feita polo SAT a todos os sindicatos de clase e alternativos, así como aos distintos movementos sociais do estado español de carácter anti-sistémico”. 

Comentarios