Unha media de 73 traballador@s cada día sofre un ERE en Galiza

Industria e servizos son os sectores con maior número de operari@s sometidos a un expediente. En 2012 foron 30.000 @s traballador@s afectad@s, un 29,9% máis que no ano anterior.

Cadena-de-montaxe

Un total de 29.662 persoas. Ese é o número de traballador@s afectad@s por un expediente de regulación de emprego en Galiza o ano pasado. 6.833 máis que no exercicio anterior (2011), o que supón un incremento do 29,9 por cento. A media non deixa lugar a dúbidas: cada día hai, de media, 73 operari@s sometidos a un ERE.

Son datos oficiais, que apuntan que nos sectores onde hai máis traballador@s 'tocad@s' por un ERE é en servizos e industria. No primeiro, 9.300 persoas (catro mil máis que no ano anterior). Na industria, 16.000 operari@s baixo expediente de regulación, catro mil máis que en 2011 (cando foran 12.024). No que atinxe a industria, é a do ramo da manufactura a que ten máis traballador@s nesta situación (14.994).

Destrución

No que corresponde ao sector de servizos é no do comercio ao retallo e reparación de vehículos onde máis bateu o ERE, con 3.326 persoas afectadas en 2012, 1.967 máis que no ano anterior. Mais tamén en hostalería (360 operari@s), en transporte e almacenamento (661), actividades administrativas (1.297),...

Comentarios