NGB recoñéceo: “O escenario máis probábel é a venda a un grupo financeiro”

Coa boca pequena e no informe económico 2012, mais Novagalicia Banco recoñece explicitamente que o seu futuro pasa por ser 'papada' por un grupo financeiro estranxeiro. Ser unha “filial”, afirman no documento

Nova Galicia Banco

Desde a nacionalización de NGB, hai ano e medio, diversas voces alertaron que o banco encamiñábase a un futuro no que o único escenario era ser vendida barata a un grupo financeiro. Foi unha advertencia que, sobre todo, se realizaba desde o nacionalismo político e sindical, mais non só.

Tanto goberno galego como dirección de Novagalicia Banco negaron por activa e pasiva esta realidade: Que seguían a procurar investidores estranxeiros, que había máis vías a explorar, que o banco ía continuar en solitario contra evnto e maré

Informe

Sen embargo, no informe económico de 2012, e como recolle Faro de Vigo, a dirección de NGB recoñece textualmente: “O escenario máis probábel é a venda a un grupo financeiro de recoñecida solvencia”.

Tamén, e nese mesmo documento, apóntase a que “permita a viabilidade do banco nun prazo indefinido, integrada como filial nun grupo financeiro de recoñecida solvencia, coa marxe de manobra suficiente para xestionar a recuperabilidade".

Situación delicada

Novacaixagalicia banco (NCG) pechou 2012 dunhas perdas de perto de oito mil millóns de euros, segundo a propia entidade financeira recoñece nun comunicado remitido esta terza feira á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV).

Os números vermellos mesmo, antes da devolución de impostos, atinxían os 8.056 millóns de euros. Estes resultados supoñenmultiplicar por 42 as perdas que NCG tivo no exercicio anterior, 2011 (186 millóns de euros).

As perdas por deterioro de activos financeiros rondaron os 6.021 millóns de euros.Cómpre lembrar que antidade financeira pechou 2012 cun cadro de persoal na matriz de 5.705 traballador@s e unha rede de 844 oficinas. Desde 2010 despedíuse a 2.011 persoas

Comentarios