NGB no albo: Europa pedirá a España que feche bancos 'problemáticos'

Bruxelas é partidaria de deixar caer entidades cuxo rescate for custoso e que de quebraren non desestabilicen a economía
Novagalicia Banco
photo_camera Novagalicia Banco

Primeiro, un alto funcionario da Unión Europea afirmaba que Bruxelas pedirá a España que opte por pechar aquelas entidades financeiras problemáticas (eufemismo para se referir ás nacionalizadas Bankia, Novagalicia Banco e Catalunya Caixa) cuxa quebra non desestabilice a economía e se o custo do seu mantemento vai resultar costoso de máis. Horas despois, o comisario Europeo de Competencia, Joaquín Alumnia, recoñecía nunha entrevista á axencia Reuters que, en referencia ao rescate español, a liquidación dun banco pode ser preferíbel a que o seu saneamento implique grandes esforzos económicos a costa do contribuínte.

Estas afirmacións xa fixeron que máis dunha mirada se dirixese a NGB, entidade que estaría no albo, pois Bankia é un 'monstro' demasiado grande para deixalo caer sen que elo implicase toda unha serie de problemas e consecuencias para o sistema financeiro español e europeo.

Desde o goberno español saiuse ao paso destas afirmacións sinalando que non teñen previsto pechar ningún banco. Mais, e tras o acontencido o pasado sábado ,poucas son as xa as persoas que confían non inamobíbel das afirmacións do executivo central

Comentarios