NGB demanda exdirectivos das caixas para recuperar as indemnizacións

Presentou perante o SMAC unha demanda de conciliación contra varios exdirectivos de Novacaixagalicia
Novagalicia Banco
photo_camera Novagalicia Banco

Novagalicia Banco presentou esta sexta feira perante o Servizo de mediación e arbitraxe e conciliación (SMAC) unha demanda de conciliación contra exdirectivos de Novacaixagalicia que non renunciaron ás cuantiosas indemnizacións asignadas no seu momento. "É previa á posíbel presentación dunha demanda laboral perante o xulgado do social".

Cómpre lembrar que a Fiscalía contra a corrupción e criminalidade organizada  presentou unha querela por un presunto delito de defraudación contra Julio Fernández Gayoso e outros 4 directivos de Novacaixagalicia (José Luis Pego Alonso, Gregorio Gorriarán Laza, Óscar Rodríguez Estrada e Javier García de Paredes). Segundo entende a fiscalía, os querelados abusaron das funcións dos seus cargos en NGB e dispuxeron fraudulentamente de bens desta ocultando ao consello de administración e ao propio Banco de España o importe das prexubilacións, a pesar de coñecer a difícil situación que atravesaba a entidade financeira.

Comentarios