Perto de 40.000 preferentistas fican sen arbitraxe e obrigados a sufrir as quitas na canxe

Son os clientes de NGB que ficaron á marxe do proceso de arbitraxe, máis da metade do total de afectad@s pola estafa das preferentes e subordinadas. 

Manifestación Ourense (Zapa Da Costa)
photo_camera Manifestación Ourense (Zapa Da Costa)

Segunda feira, 17 de xuño. Data límite para que un afectado polas preferentes ou subordinadas de Novagalicia Banco (NGB) poida pedir a arbitraxe. E o día tamén no que a entidade financeira activa o proceso (xa está a remitir cartas á clientela) de canxe e liquidez. Proceso que afecta a máis de 39.000 persoas que ficaron sen arbitraxe: ben por seren rexeitados para esta vía (19.800 persoas) ou ben por non tela solicitada (19.200).

Estes milleiros de familias vense obrigados agora a cambiar as súas preferentes (unha vez aplicada a correspondente quita, que pode ir do 2 ao 67% do que tiñan aforrado) por títulos da entiade. Máis adiante poderán ben se van ao proceso de luquidez ou fican como accionistas.

Un botín de 500 millóns de euros

Así pois, consúmase unha nova fase no proceso pola cal a milleiros de galeg@s se lle 'retira' unha parte dos seus aforros para pagar a factiura do rescate bancario. Por volta de 500 millóns de euros, o equivalente o 0,5% do PIB galego.

Millóns que se furtan á economía galega, de aí que (como sosteñen plataformas de afectados, sindicatos, organziacións da oposición) non se poda falar de problemas persoais, senón dun problema que atinxce a todo o país.

BBVA pide a venda xa de NGB

Francisco González, presidente do BBVA, solicita ao goberno de Mariano Rajoy que inicie canto antes a privatización das entidades intervidas, entre elas Novagalicia Banco, para poñer así o ramo á reestruturación do sector financeiro.

Comentarios