NGB acumula emisións de participacións preferentes por máis de 900 millóns de euros

A entidade financeira procura vías de troco dun producto colocado entre minoristas coma se fosen depósitos cando se trataba de algo moi diferente
Concentración de afectad@s polas preferentes
photo_camera Concentración de afectad@s polas preferentes

O anuncio do fiscal xeral da Galiza, Carlos Varela, de que estaba a preparar unha demanda masiva contra NGB polas preferentes veu sumar un novo quebradeiro de cabeza para os resposábeis da entidade nacionalizada, que procura unha solución para un produto que se ‘vendeu’ entre milleiros de minoristas (suman entre 70.000 e 100.000 na Galiza @s afectad@s polas participacións dos diferentes bancos, a metade polas de NovaGalicia Banco) como se fose un depósito, cando é algo moi distinto.

O xornal de información económica ‘Cinco días’ vén de desvendar que participacións preferentes por 4.500 millóns de euros atenazan a rede da banca nacionalizada, a saber: Bankia, NovaGalicia Banco e Catalunya Caixa. Desa cantidade, 903 millóns de euros corresponden á entidade galega. Segundo dito xornal, destes novecentos millóns 338 corresponden a emisións antigas de Caixa Galicia e Caixanova, e o resto proceden de 2009.

A pregunta do millón sería agora como solucionar o ‘problema’ das preferentes sen iso supor un novo prexuízo ou agravio para os e as clientes. Algunhas plataformas de afectad@s apuntan para a conversión das preferentes por depósitos como a opción menos má. Algo que xa fixeron algúns bancos, como a Caja Badajoz ou Cajasur (do BBK)

Comentarios