NCG confirma a venda de Banco Gallego e que EVO seguirá o mesmo camiño

Novagalicia Banco confirmou que o FROB vai vender o Banco Gallego e que EVO seguirá o mesmo camiño
banco gallego
photo_camera banco gallego

Novagalicia Banco vén de confirmar que o Fondo de reestructuración Ordenada bancaria (FROB) venderá o Banco Gallego e que ese camiño seguirao EVO Banco, a entidade que agrupa o negocio da entidade financeira alén das fronteiras da Galiza. NGB mesmo apunta a que hai inversores interesados en adquirir EVO. Banco Gallego posúe 184 oficinas. 

Diversas informacións aparecidas nos medios apuntan á posibilidade de que o grupo portugués Banco Espírito Santo esté interesado na adquisición do BG, para convertelo nunha filial. Desde os sindicatos incídese en que se manteñan os postos de traballo.

NG Banco, que está controlada nun 90,6% polo FROB posúe case a metade das accións do Banco Gallego e prantexouse, dentro dos seus plans de recapitalización, desprenderse desta entidade ou integrala na súa propia estructura.

Os resultados do primeiro semestre de ano revelaron perdas de máis de oito millóns de euros no BG. 

Comentarios