NCG banco inicia o proceso para vender a marca coa que opera alén Galiza, Asturies e León

A entidade contratou un banco de investimento para seleccionar e negociar compradores para EVO

Novacaixa Galicia Banco deu inicio de maneira formal o proceso para vender EVO, a marca coa que opera alén Galiza, Asturies e León. A ntidade contratou ao banco de investimento Mediobanca que será a encarregada de seleccionar e negociar cos posíbeis compradores. Evo abre aos seus potenciais inversores os seus plans de negocio e contas.

Esta operación está incluída no pacto pechado coa Unión Europea, o coñecido como term sheet, para recibir a cambio de axudas (no caso da entidade galega, perto de 5.500 millóns de euros). O documento fixa como data límite para se desfacer de EVO o 31 de decembro do presente exercicio, 2014.

Comentarios