Navantia estuda "posíbeis emprazamentos" de eólica mariña ante o "crecemento exponencial" desta

Estas instalacións que a empresa estuda serían complementarias aos seus actuais centros de fabricación e montaxe tanto de Fene como de Puerto Real (Cádiz).
Instalacións de Navantia en Ferrol (Foto: Europa Press).
photo_camera Instalacións de Navantia en Ferrol (Foto: Europa Press)

A empresa naval Navantia analiza "posíbeis emprazamentos estratéxicos" ante a previsión de crecemento do sector da eólica mariña.

Estas instalacións que a empresa estuda serían complementarias aos seus actuais centros de fabricación e montaxe tanto de Fene como de Puerto Real (Cádiz).

“Crecemento exponencial da eólica mariña”

Fontes da compañía pública detallaron que a previsión de "crecemento exponencial da eólica mariña en Europa en xeral e no Estado español, e as necesidades derivadas do aumento do tamaño dos compoñentes dos futuros parques eólicos", motivan o que se estean estudando novos emprazamentos para o ensamblado final de compoñentes.

Desta maneira, a empresa, que pertencente á Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI), quixo saír ao paso dalgunhas manifestacións chegadas do ámbito político e que daban por seguro un traslado da empresa pública o porto exterior da Coruña, concretamente a Punta Langosteira.

Plans de negocio

Fontes aseguraron que "unha vez encaixadas nos plans de negocio da compañía, e se fosen obtidas as concesións definitivas", estas "serían operadas caso a caso por Navantia, e os seus actuais socios e colaboradores neste negocio, contribuíndo a incrementar a capacidade de fabricación de compoñentes para parques eólicos mariños".

Comentarios