O naval de Vigo tamén retoma as mobilizacións contra o seu esmorecemento

César Rodríguez, da CIG, advirte que malia ''propaganda'' a r''realidade'' é que pecharon 100 auxiliares nestes anos e que non hai carga de traballo.


 

Tamén o naval de Vigo vai retomar as mobilizacións e protestos, medidas que impulsará a CIG perante a crise que atravesa o sector na comarca e a responsabilidade, sinala o sindicato, de Xunta e goberno central o non adoptar medidas ao respecto. Nesta terza feira o Centro cívico de Teis acolle unha asemblea na que tomaron parte máis dun cento de delegad@s da central nacionalista.

Tanto Manuel Simón, da CIG-Metal, como César Rodríguez, CIG-Naval, coinciden en cualificar de “agonizante” a situación na que se atopa o naval vigués, e consideran de necesidade retomar o pulso mobilizador perante o inmobilismo e desleixo de administracións, patronal e, afirman, certos sindicatos.

“Tres anos morto”

Manuel Simón advertiu que o naval vigués leva tres anos a esmorecer e que malia os anuncios de chegada de Pemex, séguese a perder emprego. Unha dinámica esta da que, afirman, se aproveita a patronal para precarizar as condicións laborais no sector.

César Rodríguez afirmou que a única “realidade” é que pecharon máis de 100 empresas auxiliares, que non hai carga de traballo e que se destruíron miles de empregos. Ante une escenario así, apuntou, é necesario reaxir, de aí a aposta por “denunciar” a ausencia de medidas e políticas para con este sector.

Control

@s participantes na asemblea marcharon en manifestación cara a sede da patronal do metal para se concentrar diante da mesma. Non puideron facelo o prohibirllo entre unha forte presenza de antidisturbios, mesmo con apoio dun helicóptero.

Comentarios